Decreto 358/2009, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2009-2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 81.3º b) que corresponde á comunidade autónoma fixar as taxas académicas polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario, dentro dos límites que a nivel estatal estableza a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Para os restantes estudos serán fixados polo consello social da respectiva universidade, de acordo co disposto no artigo 81.3º c) da citada lei orgánica, e no artigo 4 e) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia.

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outorga ás referidas taxas a consideración de prezos públicos. Pola súa parte a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 o que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que pagará o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez nacional no ensino universitario, dentro dos límites que fixe a Conferencia Xeral de Política Universitaria, que este ano, na sesión celebrada o 2 de xuño de 2009, fixou para o curso 2009-2010 o límite mínimo de aumento dos prezos académicos e demais dereitos polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais na porcentaxe de incremento do IPC, definido no período que vai do 30 de abril de 2008 ao 30 de abril de 2009, e o límite máximo no IPC incrementado en 4 puntos. O rango dos prezos públicos dos másters manterase inveriable respecto ao aplicado no curso 2008-2009. Excepcionalmente as comunidades autónomas poderán modificar o límite superior dos prezos públicos dos novos estudos universitarios de posgrao regulados polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, ata un máximo equivalente ao 30% do custo.

Tendo en conta as previsións macroeconómicas xerais para Galicia, e a distinción entre ensinanzas renovadas, non renovadas e de grao, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda e terceira e sucesivas matrículas, e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre fixar os prezos correspondentes ao ano académico 2009-2010 polos estudos universitarios conducentes a títulos oficiais, mantendo os prezos do curso 2008-2009, é dicir, un incremento do 0%.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, co informe do Consello Galego de Universidades, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xullo de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.
  1. Os prezos que se pagarán no curso 2009/2010 polos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no Sistema Universitario de Galicia son os establecidos segundo as normas deste decreto e na contía que se sinala no seu anexo.

  2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo consello social, de conformidade co establecido no artigo 81.3º c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e pola Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, no seu artigo 4 e).

Artigo 2º Modalidades de matrícula.
  1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos establecidos no número 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto poderán aboarse por curso completo ou por materias. As materias poderán ser anuais ou cuadrimestrais, de acordo co establecido pola universidade, en función do número de horas lectivas que figure nos plans de estudos. O importe do prezo aplicable para as materias cuadrimestrais será a metade do establecido para as anuais.

  2. Ensinanzas renovadas. No caso de ensinanzas renovadas os prezos públicos establecidos no número 1.2 da tarifa primeira do anexo deste decreto deberán aboarse por materias. O importe das materias calcularase de conformidade co número de créditos asignado a cada unha delas e o prezo establecido para o crédito.

  3. Ensinanzas de grao adaptadas ao Espazo Europeo de Ensino Superior. Os prezos públicos que se aboarán pola matrícula son os establecidos no número 1.3 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR