Decreto 228/2005, do 22 de xullo, polo que se crea a escola infantil (0-3 anos) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía, en concordancia co artigo 148.1º 20 da Constitución española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia.

A mencionada lei regula como servizos sociais de atención especializada, entre outros, os dirixidos á

familia, infancia e xuventude e recolle determinados programas e equipamentos entre os cales figuran as garderías infantís, encamiñados á normalización, personalización e integración sociofamiliar dos seus beneficiarios. Neste mesmo sentido, atribúeselle á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a través da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e da adolescencia, todas as competencias relativas á creación de centros de atención á infancia.

No desenvolvemento dos preceptos legais e co fin de garantir a adecuada prestación dos servizos, controlar a calidade da atención e recoñecer os dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de servizos sociais. Esta disposición regula a obriga de obter a autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais, así como para o inicio ou o cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que estes deben cumprir.

Actualmente o modelo tradicional de familia está sufrindo un profundo cambio derivado das novas necesidades sociais e a incorporación da muller ao mundo laboral. A Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras, recoñece que a necesidade de conciliación do traballo e a familia foi tratada a nivel internacional e comunitario como unha condición vinculada de forma inequívoca á nova realidade social, o que suscita unha complexa problemática que debe abordarse non só con reformas lexislativas, senón coa necesidade de promover adicionalmente servizos de atención ás persoas nun marco máis amplo de política familiar.

Na mesma liña, a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes regula no capítulo III do título...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR