Decreto 340/2003, do 24 de xullo, polo que se crea o Instituto Universitario de Investigación de Estudios Irlandeses Amergin na Universidade da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG nº 156, do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia (LOSUG), supuxo a realización dunha planificación xeral do sistema universitario galego coa finalidade de supera-las carencias universitarias existentes na nosa Comunidade Autónoma e de reordena-lo sistema universitario de Galicia, atendendo a criterios de desenvolvemento e renovación.

Unha vez rematado o proceso de expansión do sistema universitario de Galicia faise necesaria a súa consolidación atendendo especialmente á calidade do ensino e da investigación e, máis concretamente, ás cuestións derivadas da definición específica de cada campus: ás directrices de consolidación de calidade e de crecemento de cara á súa propia identificación do perfil académico; á complementariedade interdisciplinar para grandes áreas científicas; e ó avance no perfil académico e investigador, de acordo cos principios e criterios de programación sinalados na LOSUG.

A este obxectivo contribúe a creación do Instituto Universitario de Investigación de Estudios Irlandeses Amergin na Universidade da Coruña, de xeito que se configura como centro de investigación, docencia, asesoramento e difusión da información nas áreas científicas e técnicas relacionadas coa promoción e desenvolvemento das materias que lle son propias.

Por todo iso, en aplicación do artigo 10.3º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, por proposta do conselleiro de Educación de Ordenación Universitaria e por instancia do Consello Social da Universidade da Coruña, logo do informe da Xunta de Goberno da Universidade e oído o Consello Universitario de Galicia, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro), logo de deliberación do Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a creación do Instituto Universitario de Investigación de Estudios Irlandeses Amergin na Universidade da Coruña, no seu campus da Coruña.

Este instituto terá como obxectivos fundamentais: organizar, desenvolver e avaliar plans e proxectos de investigación sobre estudios irlandeses, nun marco interdisciplinar; programar e realizar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR