Decreto 110/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Rango de LeyDecreto

O 29 de xuño de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia, número 125, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo. Aínda que desde a súa aprobación e publicación ten transcorrido un breve período de tempo, razóns organizativas, funcionais e de oportunidade, aconsellan introducir algúns cambios co fin de facer máis eficaz a xestión administrativa.

A modificación que se propón consiste, fundamentalmente, nunha redistribución de competencias dentro da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, entre dous dos servizos que a integran -que a partir de agora cambian tamén de denominación- e responde á necesidade de articular mellor as actuacións nas que se concreta unha eficaz política de tutela do patrimonio cultural.

Así, por unha parte, co novo Servizo de Planeamento e Inventario, preténdese dotar de máis relevo e especialización as funcións relacionadas cos plans urbanísticos e de ordenación do territorio, xa que non se pode esquecer que o réxime de protección dos bens inmobles integrantes do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia se concreta, en gran medida, a través dos instrumentos urbanísticos e outros plans territoriais. A esa unidade corresponderá, entre outras, o importante labor de informar o planeamento, propoñer a delimitación dos camiños de Santiago e a definición dos contornos de protección dos bens que se declaren de interese cultural e a redacción, de ser o caso, dos seus plans especiais de protección.

Doutra parte, ao novo Servizo de Protección e Fomento encoméndaselle a coordinación e tramitación dos procedementos de autorización de obras e intervencións que afecten os bens incluídos no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia e das liñas de axudas que se instrumenten de cara á súa protección.

Por último, polo que se refire ao Servizo de Vixilancia e Inspección, a novidade fundamental é o engadido da función de elaboración dun plan anual de inspección, que concrete as liñas de actuacións prioritarias da dirección xeral neste campo e contribúa a dar maior seguridade xurídica na interpretación e aplicación da lexislación de protección de patrimonio cultural.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, no exercicio da facultade outorgada polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR