Decreto 132/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 184/2007, do 13 de setembro, polo que se crea a Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 184/2007, do 13 de setembro, creou a Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios como un instrumento para asegurar a coordinación dos fondos comunitarios, coa finalidade de procurar a complementariedade dos fondos e a eficiencia no logro do obxectivo da converxencia.

Este órgano naceu en aplicación das previsións establecidas no Regulamento 1083/2006, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e se derroga o Regulamento 1260/1999 e no Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013.

Por outra parte, a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, comporta unha reasignación das competencias relacionadas coa xestión e seguimento dos programas operativos dos fondos comunitarios para o período 2007-2013 e tamén introduce cambios na adscrición dalgúns organismos ou entes.

Por todo iso, faise necesario modificar o Decreto 184/2007 para adecuar as súas disposicións de modo que reflicta a actual distribución de competencias e potenciar deste xeito o maior grao de eficiencia da devandita comisión.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de xullo de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 184/2007, do 13 de setembro, polo que se crea a Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios nos termos que se indican a continuación:

Un. Modifícase o parágrafo segundo do artigo 1, que queda redactado como segue:

A referida comisión terá carácter interdepartamental e estará adscrita á Consellería de Facenda

.

Dous. Modifícase o artigo 2, que terá a seguinte redacción:

A Comisión de Coordinación dos Fondos Comunitarios estará formada polas persoas titulares das seguintes secretarías e direccións xerais:

a) Dirección Xeral de Planificación e Fondos, da Consellería de Facenda.

b) Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria.

c) Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

d) Dirección Xeral de Formación e Colocación, da Consellería de Traballo e Benestar.

e) Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, da Consellería do Mar.

f) Secretaría...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR