Decreto 218/2005, do 22 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Salvaterra de Miño, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de abastecemento e pluviais Marqués de Viana-avenida de Portugal.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salvaterra de Miño, en sesión que tivo lugar o día vinte e oito de xullo de dous mil

catro, aprobou o proxecto de abastecemento e pluviais Marqués de Viana-avenida de Portugal e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellaría de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente, facendo mención a adopción das condicións para a realización do citado proxecto.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, é necesaria debido ao grave risco que representa pola escasa ou ningunha visibilidade para o tráfico rodado, co conseguinte perigo de accidentes, presentando ademais os terreos que se van expropiar un estado perigoso para as persoas, especialmente nenos e anciáns, perigo que desaparecería coa execución desta obra. Así mesmo, a urxencia da súa realización débese a que nos casos de incendios, accidentes ferroviarios, etc., na actualidade sería imposible a súa rápida evacuación aos hospitais e centros de saúde coa conseguinte perda de vidas humanas, evitándose igualmente coa realización da obra a vertedura constante de lixo e materiais perigosos.

A competencia para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR