Decreto 341/2003, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Salvaterra de Miño, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento integral das marxes do río Miño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Salvaterra de Miño, en sesión celebrada o día trece de novembro de dous mil dous, aprobou o proxecto de acondicionamento integral das marxes do río Miño e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Salvaterra de Miño foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte de xuño de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinteseis de maio de dous mil tres.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente emitiu informe o día catorce de maio de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, os terreos obxecto de expropiación constitúen a prolongación natural do parque público da Canuda, polo que veñen utilizándose como prolongación deste, sendo, ademais,

un dos poucos senón o único espacio de esparexemento co que conta o municipio, de maneira que é visitado e utilizado por miles de persoas, na súa grande maioría menores de idade. Estes terreos presentan unha progresiva deterioración e falta de adaptación ás esixencias que debe reunir todo parque público en canto espacio de recreo especialmente de menores, seguranza, salubridade, etc...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR