Decreto 195/2004, do 29 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alargamento, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (concello do Grove).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día trinta de decembro de dous mil tres, aprobou o proxecto de alargamento, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Pontevedra foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día nove de xullo de dous mil catro.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte e cinco de marzo de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a vía que dá acceso a Virxe das Mareas converteuse nos últimos anos nun tramo practicamente urbano que, ademais do incremento de poboación e das edificacións xurdidas no seu contorno, se levou a cabo a instalación nas súas proximidades dunha das fábricas conserveiras máis importantes da Comunidade Autónoma de Galicia, xerándose un gran movemento de vehículos e persoal operario que accede desde O Grove, cunha alta densidade de tráfico que determina a urxente necesidade de abordar un alargamento do vial, xunto cunha dotación de servizos, para garantir unha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR