Decreto 196/2004, do 29 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 117 Plan de Obras e Servizos 2003 O Corgo e Baralla. Estrada provincial Sobrado-Souto de Torres, alargamento e mellora punto quilométrico 0,000 ao 1,500 e do 1,500 ao 3,335, (concellos do Corgo e Baralla).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día dezaoito de xullo de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 117 Plan de Obras e Servizos 2003 O Corgo e Baralla. Estrada provincial Sobrado-Souto de Torres, alargamento e mellora punto quilométrico 0,000 ao 1,500 e do 1,500 ao 3,335 e, na sesión do vinte e oito de xullo de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día catorce de xullo de dous mil catro.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada

no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trinta de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, as obras consisten basicamente na mellora do firme e alargamento da calzada, debido a estreiteza dela, sendo ademais unha vía de tránsito entre edificacións, o que a fai especialmente perigosa para a circulación vial, polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR