Decreto 168/2004, do 7 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de rexeneración ambiental do contorno da praia de Morouzos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ortigueira, en sesión celebrada o día vinte e sete de abril de dous mil catro, aprobou o proxecto de rexeneración ambiental do contorno da praia de Morouzos e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Ortigueira foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día cinco de xullo de dous mil catro.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trinta de xuño de dous mil catro.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente emitiu informe favorable sobre o proxecto coas condicións que nel constan e que se deberán ter en conta na realización das obras. O dito informe tivo data de entrada no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día seis de xullo de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación é necesaria xa que o principal acceso á praia de Morouzos é tamén vía de comunicación á parroquia de Luama, non contando con beirarrúas e cun trazado bastante sinuoso coa existencia de curvas perigosas e con pouca visibilidade ao ter una sección que resulta insuficiente, agravándose ademais por ter unha iluminación pública inadecuada, nunha estrada moi transitada tanto por vehículos como por peóns, provocando un alto risco de accidentes.

Así mesmo, instalaranse canalizacións para o abastecemento de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR