Decreto 216/2005, do 22 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Lalín, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación dos bens afectados polo sistema xeral viario SG-V.5 (tramo 2), entre as estradas PO-206 (a Vila de Cruces) e do Rodo (a Agolada) do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o vinte e nove de marzo de dous mil cinco, aprobou o proxecto de expropiación dos bens afectados polo sistema xeral viario SG-V.5 (tramo 2), entre as estradas PO-206 (a Vila de Cruces) e do Rodo (a Agolada) do PXOM de Lalín e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellaría de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, é necesaria debido á saturación da vía, que supón un risco evidente

para os alumnos/as dos centros educativos próximos que acoden ás clases a pé e tamén para a cidadanía en xeral, polo feito de que os transportes especiais e de mercadorías perigosas vense na obriga de transitar inevitablemente por esa vía; asemade, os colapsos circulatorios que se producen no centro do lugar, e que este vial viría a aliviar, poderían dificultar a actuación dos servizos de urxencia, como ambulancias, bombeiros, etc.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR