Decreto 150/2004, do 1 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Quiroga, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación do acceso da igrexa do Hospital.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Quiroga, en sesión celebrada o día trinta de decembro de dous mil tres, aprobou o proxecto de ampliación do acceso da igrexa do Hospital e, na sesión do dous de abril de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Quiroga foi remitida a documentación complementaria para a correcta tra

mitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezasete de xuño de dous mil catro.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezasete de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a zona onde se atopa a igrexa é moi reducida, sendo totalmente imposible poder saír do pobo do Souto nunha urxencia, xa sexa unha ambulancia ou un camión de incendios, no caso de producirse un sinistro no momento dun funeral ou outro acto relixioso; así mesmo a parroquia do Hospital é das máis grandes do Concello de Quiroga, tendo lugar frecuentemente algún evento relixioso, o que provoca grandes problemas de atascos e moito perigo para os viandantes que se ven obrigados a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR