Decreto 112/2010, do 1 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado VAC da Costa Norte. Treito AG-64 (San Sadurniño)-Campo do Hospital. Subtreito San Sadurniño-Sanguiñeira, nos municipios de San Sadurniño e Moeche. (Clave AC/00/062.01.1.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 6 de maio de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de trazado VAC da Costa Norte. Treito AG-64 (San Sadurniño)-Campo do Hospital. Subtreito: San Sadurniño-Sanguiñeira, nos municipios de San Sadurniño e Moeche. (Clave AC/00/062.01.1.1).

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de acadar unha maior capacidade e nivel de servizo cós proporcionados pola actual estrada AC-862. Con isto preténdense diminuír os tempos de percorrido investidos e aumentar a seguridade viaria, por tratarse dun treito encadrado nas actuacións de mellora das comunicacións na comunidade autónoma, xa que a nova vía de altas prestacións da Costa Norte articula, xunto coa autovía A8, todo o territorio norte de Galicia, desde Ferrol ata Ribadeo.

Por todo isto, requírese unha actuación que consiste na construción do terceiro treito desta vía, xa que os treitos variante de Ortigueira e Celeiro-San Cibrao xa están en obras.

Proxéctase a construción dunha única calzada, pero considerando a posibilidade dun posterior desdobramento para a súa conversión en autovía.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR