Decreto 338/2003, do 24 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros. (Clave: GA/00/77.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 25 de xuño de 2003, o director xeral de obras públicas, por delegación do conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros. (Clave: GA/00/77.1).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, toda vez que os usuarios podrán utilizar, para os seus desprazamentos, unha vía de alta capacidade, vía con parámetros e características que melloran, sustancialmente, as condicións de circulación das estradas convencionais e, ó mesmo tempo, con tal actuación consíguese avanzar no cumprimento dos obxectivos recollidos no Plan de infraestructuras viarias das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e Mariña Lucense (que, entre outros, vertebran o territorio cun eixe de comunicación que afecta a máis de 200.000 habitantes e que une as comarcas citadas entre sí, co norte da provincia e coa Meseta) aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 6 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR