Decreto 339/2003, do 24 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da autovía AG-56 Santiago de Compostela (N-550 na Rocha)-Brión (AC-543). (Clave: AC/99/042.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 15 de xullo de 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da autovía AG-56 Santiago de Compostela (N-550 na Rocha)-Brión (AC-543). Clave: AC/99/042.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, xa que os usuarios podrán utilizar para os seus desprazamentos unha vía de alta capacidade, vía con parámetros e características que melloran, sustancialmente, as condicións de circulación das estradas convencionais. Desta forma, será posible, ademais, desconxestiona-la saturada estrada C-543 que actualmente presenta un trazado semiurbano cunha IMD que se aproxima ós 21.000 vehículos dos cales un 11% son de pesados. Pretendese comunica-los municipios de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Negreira e todas elas coa Costa da Morte...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR