Decreto 337/2003, do 24 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do acondicionamento da estrada C-545. Treito: Santa Comba-Zas. (Clave: AC/01/001.01.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 18 de xullo de 2003 o director xeral de obras públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado do acondicionamento da estrada C-545. Treito: Santa Comba-Zas. Clave: AC/01/001.01.1.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, xa que se aumentan as distancias de visibilidade, corríxense raios de curvas reducidos, amplíanse beiravías, concéntranse accesos á estrada, dispóñense camiños de servicio para evita-lo acceso de vehículos agrícolas á estrada principal, e melloranse intersecións, ademáis de ser unha actuación incluida no Plan de dinamización económica Plan Galicia, aprobado polo Consello da Xunta do 23 de xaneiro de 2003 que impón unha reducción dos prazos previstos nos investimentos da Comunidade Autónoma para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR