Decreto 146/2006, do 27 de xullo, polo que se deixa sen efecto a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra de acondicionamento da estrada PO-342 Virxe do Camiño-Cela. Treito: Virxe do Camiño-Mosende. (Clave PO/02/028.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 4 de agosto de 2004 a Dirección Xeral de Obras Públicas, logo da realización dos correspondentes

trámites, acordou aprobar o proxecto de construción da obra de acondicionamento da estrada PO-342 Virxe do Camiño-Cela. Treito: Virxe do Camiño-Mosende (clave PO/02/028.01). Esta aprobación serviu de base para que o Consello da Xunta de Galicia, no seu Decreto 83/2005, do 14 de abril (DOG do 26 de abril), acordase a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Ante as reiteradas peticións dos afectados, solicitando un acondicionamento da estrada máis suave, realizouse un estudo para estimar a intensidade media de tráfico diaria (IMD) da estrada PO-342, para un horizonte de 20 anos, resultando esta inferior a 3.000 vehículos/día. O citado estudo destaca que no mesmo corredor da PO-342 se atopan a A-55 e a AP-9, ambas vías de alta capacidade. A Dirección Xeral de Obras Públicas considera como vías de baixa IMD todas aquelas que non superan o limiar de 3.000 vehículos/día. Seguindo esta norma, o director xeral de Obras Públicas, actuando por delegación de la conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, resolveu, o 18 de maio de 2006, deixar sen efecto a Resolución do 4 de agosto de 2004 pola que se aprobaba o devandito proxecto de construción, para así poder redactar un novo proxecto atendendo as particularidades das estradas de baixa IMD.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR