Decreto 265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

O artigo 148.9º da Constitución dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección de ambiente, sendo asumida esta competencia pola nosa comunidade autónoma, coa aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia, que no seu artigo 27.30º recolle a competencia exclusiva para ditar normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe á lexislación básica do Estado nesta materia. No exercicio desta competencia, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, a cal recoñece á Xunta de Galicia a potestade para a declaración, mediante decreto, dunha determinada área ou espazo como parque natural. A Administración autonómica, no uso desta potestade, procedeu á declaración, ata o momento, dos seguintes parques naturais: Monte Aloia, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadoiro, Serra da Enciña da Lastra e As Fragas do Eume.

Co fin de colaborar na xestión dos espazos naturais protexidos e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados, o artigo 42 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, prevé que en cada parque natural ou reserva se constitúa unha xunta consultiva, a cal terá natureza de órgano colexiado asesor que estará adscrito á consellería competente en materia de ambiente. No citado artigo establécese que a composición e o funcionamento das xuntas consultivas se determinará na norma de declaración de cada espazo natural protexido, e na súa composición figurará, polo menos, o seu presidente e o seu director, asegurando, en todo caso, a representación dos concellos onde se sitúa o espazo natural protexido, dos propietarios dos terreos incluídos neste espazo natural así como tamén das persoas ou entidades que representen intereses sociais, institucionais ou económicos relevantes implicados, e das entidades que teñan obxectivos fundamentais coincidentes coa finalidade do espazo natural protexido.

Ante a necesidade de adecuar a normativa que regulaba os parques naturais de Galicia anterior á entrada en vigor da Lei 9/2001, do 21 de agosto, ao disposto no artigo 42 da citada lei, a Xunta de Galicia aprobou os decretos 30/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; 31/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia e 32/2004, de 22 de xaneiro, polo que se crea a xunta consultiva do parque natural das Fragas do Eume. Neste sentido, apréciase agora a necesidade de adaptar tamén a denominación e a composición da Xunta Reitora do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, regulada no Decreto 29/1993, do 11 de febreiro, ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR