Resolución do 24 de novembro de 2004, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Montes de Rodeiro, a favor dos veciños do lugar de Albeiros, no concello de Amoeiro (Ourense).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyResolución

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2004, adoptar o seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación de Montes de Rodeiro, por solicitude dos veciños de Albeiros, do concello de Amoeiro (Ourense).

Resultando que con data 18 de febreiro de 2003 tivo entrada, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Albeiros, concello de Amoeiro (Ourense), solicitando que se declare o monte Montes do Rodeiro, como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión celebrada con data do 21 de maio de 2003, acordou tomar en consideración o citado escrito e iniciar o expediente de clasificación do monte designando instrutoras del a Belén Bris Marino e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo na mesma sesión. Remitíronse comunicacións dirixidas aos veciños do lugar de Albeiros, ao presidente da Deputación Provincial de Ourense, ao alcalde do concello de Amoeiro, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, ao xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais (Consellería de Medio Ambiente), á Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e ao Rexistro da Propiedade número dous de Ourense.

Publicáronse edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Amoeiro, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ao dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade número dous de Ourense, como segue:

Veciños do lugar de Albeiros, parroquia de Trasalba, no tomo 1.600, libro 55, do concello de Amoeiro, folio 90, predio rexistral número 10.617, anotación A.

Resultando que da inspección do monte no terreo no linde leste en que constan as estremas como propiedades particulares detéctase que en realidade a estrema é un muro que divide o monte co termo municipal de Ourense.

Resultando que na tramitación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR