Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia confire á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva para ditar normas adicionais de protección do medio e da paisaxe, de acordo co establecido no artígo 27 do dito estatuto.

A Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, xunto coa normativa básica estatal, constituída pola Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, o Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos e o Real decreto 952/1998, do 20 de xuño, que modifica o anterior, establecen un réxime de intervención administrativa de determinadas actividades de produción e xestión de residuos.

De acordo coas mencionadas previsións estatutarias e legais aprobouse o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de produtor e xestor de residuos de Galicia e se crea o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia. Este texto, seguindo a líña establecida na Lei 10/1998, do 21 de abril, unifica nunha

soa norma o réxime xurídico para a produción e xestión de todos os residuos, creando un único rexistro xeral.

Transcorridos catro anos desde a entrada en vigor do anterior decreto e neste tempo, a política da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de residuos consistiu en impulsar a súa correcta xestión, baseándose nos principios de reducción, reutilización, reciclado e calquera outra forma de valorización, o que levou consigo a un importante incremento do número de tramitacións e o fortalecemento do sector da xestión ambiental en Galicia.

Neste mesmo período de tempo promulgouse o Real decreto 1481/2001, de 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro, que fomenta a utilización de técnicas de tratamento menos agresivas para o medio, tratando de diminuír o volume de residuos cuxo destino final sexa este tipo de instalación e prohibindo expresamente o depósito en vertedoiro de residuos que no teñan sido obxecto dun tratamento previo.

Todas estas circunstancias aconsellan a revisión da normativa autonómica, coa pretensión de adaptala á nova realidade, mediante o establecemento dun réxime administrativo máis sinxelo e áxil, eliminando aqueles requisitos que a práctica ten demostrado que non supoñen unha maior protección ambiental e previndo a utilización do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia para a transmisión de solicitudes, escritos e comunicacións nas materias reguladas neste decreto.

Este decreto establece uns requisitos comúns para os produtores e xestores de residuos e regula especificamente a xestión das plantas móbiles e o almacenamento de residuos, establecendo os requisitos que deben cumprir este tipo de instalacións.

Considerouse necesario regular neste mesmo texto legal a produción de residuos da construción e demolición e por tanto derrogar o Decreto 352/2002, do 5 decembro, co fin de incorporar non só a produción senón tamén a xestión deste tipo de residuos, establecendo novas obrigas para os xeradores deste tipo de residuos.

Así mesmo e co ánimo de controlar os grandes fluxos de residuos non perigosos, introdúcese a obriga de inscribir no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Galicia aquelas actividades que xeren máis de 500 toneladas ao ano deste tipo de residuos.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regulamentar o réxime de autorización administrativa e notificación das actividades de produción e xestión de residuos, que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a súa inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Artigo 2º Ámbito de aplicación.
  1. Este decreto é de aplicación ás actividades de produción e de xestión de todo tipo de residuos que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia, coas seguintes exclusións:

    1. Os residuos radioactivos regulados pola Lei 25/1964, do 29 de abril, de enerxía nuclear.

    2. Actividades de produción e/ou xestión de residuos regulados na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e de control integrados da contaminación.

    3. As verteduras de efluentes líquidos ás augas continentais regulados polo Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas; as verteduras desde terra ao mar regulados pola Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; e as verteduras desde buques e aeronaves ao mar regulados polos tratados internacionais dos que forme parte España.

  2. Este decreto será de aplicación supletoria ás materias que se enuncian a seguir, que se rexerán pola súa normativa específica:

    1. Os residuos resultantes da prospeción, extración, valorización, eliminación e almacenaxe de

      recursos minerais, así como da explotación de canteiras, no regulado na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

    2. Ás actividades de produción e xestión de subprodutos animais non destinados ao consumo humano, regulados polo Regulamento (CE) nº 1774/2002, do Parlamento Europeo e do Consello do 3 de outubro de 2002, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais non destinados ao consumo humano (DOCE nº L273, do 10 de outubro), e o Real decreto 1429/2003, do 21 de novembro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de subprodutos de orixe animal non-destinados ao consumo humano.

    3. Os residuos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras consistentes en materiais fecais ou outras substancias naturais e non-perigosas cando se utilicen exclusivamente no marco das explotacións agrarias.

    4. Os explosivos, cartucharía e artificios pirotécnicos desclasificados, así como residuos de materias primas perigosas ou de produtos explosivos utilizados na fabricación dos anteriores, no regulado no Regulamento de explosivos, aprobado mediante Real decreto 230/1998, do 16 de febreiro.

    5. As terras separadas nas industrias agroalimentarias nas súas fases de recepción e limpeza primaria das materias primas agrícolas, cando estean destinadas á súa valorización como tratamento do solo producindo un beneficio á agricultura ou unha mellora ecolóxica destes.

    6. As operacións de incineración de residuos, en todo o non regulado no Real decreto 653/2003, do 20 de maio, sobre incineración de residuos.

    7. A eliminación de residuos en vertedoiro, regulados mediante o Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

    8. As operacións de recollida e descontaminación, así como as demais operacións de tratamento de vehículos ao final da súa vida útil, en todo aquilo que non estea regulado polo Real decreto 1383/2002, do 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ao final da súa vida útil.

Artigo 3º Definicións.

Para os efectos deste decreto entenderase por:

  1. Residuo: calquera substancia ou obxecto pertencente a algunha das categorías que figuran no anexo da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, do cal o seu posuídor se desprenda ou do cal teña a intención ou a obriga de se desprender. En todo caso, terán esta consideración aqueles que figuren na Lista Europea de Residuos (LER), aprobada polas institucións comunitarias.

    Non terán a consideración de residuo:

    -Os materiais, obxectos ou substancias sobrantes, dun proceso de produción, transformación ou con

    sumo, que non teña modificadas as súas propiedades e características orixinais e que se utilicen de forma directa como produto ou materia prima, sen se someter previamente a unha operación de valorización ou eliminación e sen poñer en perigo a saúde humana nin causar prexuízo ao medio.

    -Aqueles materiais, obxectos ou substancias defectuosas xerados nun proceso produtivo que se reincorporan a estes.

    -Os materiais, obxectos ou substancias que se obteñan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR