Decreto 64/2007, do 29 de marzo, polo que se aceptan as doazóns de bens culturais feitas pola sociedade Círculo Náutico á Comunidade Autónoma de Galicia.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA |
Rango de Ley | Decreto |
Con data do 31 de xaneiro de 2007, a Consellería de Cultura e Deporte remitiu á Consellería de Economía e Facenda o expediente de doazón dun lote de varios obxectos de titularidade da sociedade Círculo Náutico domiciliada en Bueu (Pontevedra).
A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia e da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.
De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de marzo de dous mil sete,
DISPOÑO:
Aceptar nos termos establecidos polo doador as seguintes doazóns de bens que a continuación se relacionan:
-
Obxecto: debuxo.
Técnica: tinta e grafito sobre papel.
Cronoloxía: anos 20 do século XX.
Medidas: 60 x 43 cm.
-
Obxecto: espello.
Materia: madeira e vidro.
Cronoloxía: século XX
Medidas: 140 x 193 cm.
-
Obxecto: brasón.
Materia: madeira e corda.
Cronoloxía: século XX.
Medidas: 90 x 87 cm.
-
Obxecto: esmalte.
Cronoloxía: século XX.
Medidas: 37,5 x 32,5 cm (con marco).
-
Obxecto: lote de seis carteis enmarcados sobre a Semana Cultural do San Virelas.
Materia: papel.
Cronoloxía: anos 80 do século XX.
Medidas: 47 x 34 cm.
-
Obxecto: lote de seis carteis enmarcados sobre o Memorial J.Mª Massó: snipe.
Materia: papel.
Cronoloxía: finais do século XX.
Medidas: 47 x 34 cm.
-
Obxecto: orla conmemorativa.
Materia: papel.
Cronoloxía: 1987.
Medidas: 65 x 50 cm.
-
Obxecto: lote de nove fotografías enmarcadas dunha regata.
Materia: papel.
Cronoloxía: finais do século XX.
-
Obxecto: cadro.
Materia: témpera sobre papel.
Cronoloxía: finais do século XX.
Medidas: 70,5 x 53 cm (con marco).
-
Obxecto: cadro.
Materia: témpera sobre papel.
Cronoloxía: finais do século XX.
Medidas: 69 x 54 cm (con marco).
-
Obxecto: gallardete.
Materia: cunchas, madeira e corda.
Cronoloxía: finais do século XX.
Medidas: 43 x 125 cm.
-
Obxecto: piano.
Materia: madeira.
Cronoloxía: mediados do século XX.
Medidas: 134 x 149...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba