Decreto 92/2006, do 26 de maio, polo que se acepta pola Comunidade Autónoma de Galicia a doazón de equipamentos informáticos feita por Internacional Business Machines S.A (IBM) para seren destinados a determinados centros educativos.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante escrito do 27 marzo de 2006, International Business Machines, S.A. (IBM) cede en propiedade á Comunidade Autónoma de Galicia unha serie de equipamentos informáticos para seren destinados a determinados centros públicos de educación infantil dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Conforme aos artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34.1º do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo, requerirá decreto do Consello da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que a sociedade acordou a doazón e, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar a doazón dos equipamentos informáticos e as unidades cedidas que se relacionan:

-Pupitre integrador Liittle Tikes: 20 unidades.

-Software educativo Riverdeep: 20 unidades.

-Ordenador Thinkcentre 8084-7DG-A50: 20 unidades.

-Monitor IBM 17'': 20 unidades.

-Micrófono: 20 unidades.

-Ratos: 20 unidades.

-Altofalantes: 20 unidades.

Artigo 2º

En cumprimento da vontade de International Business Machines, S.A. (IBM) os devanditos equipamentos informáticos destinaranse, dentro da iniciativa Kidsmart de utilización das novas tecnoloxías, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR