DECRETO 47/2019, do 25 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Actualización do proxecto construtivo de adaptación da AC-934 ao Plan de baixa IMD mellorada, treito I, puntos quilométricos 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.2, no concello de Sobrado dos Monxes.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 14 de xuño de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 112) o anuncio do 30 de maio de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o documento do proxecto de construción Adaptación da AC-934 ao Plan de baixa IMD mellorada, treito I, puntos quilométricos 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Actualízase á normativa técnica o proxecto anterior, mediante a redacción dun novo proxecto construtivo denominado Actualización do proxecto construtivo de adaptación da AC-934 ao Plan de baixa IMD mellorada, treito I, puntos quilométricos 12+900 ao 17+300, de clave AC/10/094.02.1.2, sen que a dita actualización modifique o trazado ou supoña novas afeccións por cuestións de trazado.

Este proxecto de construción ten por obxecto a mellora da seguridade viaria e establece como principal obxectivo a alarga da plataforma e a mellora das condicións xeométricas en determinados treitos que presentan parámetros mínimos, o que dificulta unha circulación cómoda e segura, polo que se proxecta a rectificación dunhas aliñacións curvas. Así mesmo, estúdase a mellora das interseccións mediante a disposición de semirrotondas, que permitan realizar as manobras de cambio de sentido, e a creación de cuñas de aceleración e desaceleración, que permiten unha mellor incorporación e saída da vía obxecto do estudo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR