DECRETO 68/2016, do 2 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores da concesión mineira Ampliación As Revas, número 5873, sita no termo municipal de Mondoñedo, solicitada pola sociedade Pizarras Veira do Río. S.L.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyDecreto

Con data do 20 de outubro de 2014 Dictinio Barreda López, en representación de Pizarras Veira do Río, S.L., solicita a iniciación do expediente de expropiación forzosa por vía de urxencia para os efectos de continuar coa explotación da concesión mineira Ampliación As Revas nº 5873, sita no termo municipal de Mondoñedo.

A ocupación temporal solicítase sobre tres parcelas dentro da concesión de explotación, onde se van realizar labores de extracción.

Os bens a que fai referencia a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente, o cal foi sometido ao trámite de información pública, e ademais, foron realizadas notificacións individuais aos interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, en relación co artigo 131 do Regulamento que desenvolve a citada lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e o artigo 56 do seu regulamento, do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e das notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións, que non desvirtúan as razóns obxectivas polas cales neste momento é urxente a ocupación dos predios, todo isto en función do que consta nos informes da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo e na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR