Decreto 123/2007, do 14 de xuño, polo que se desafectan do dominio público os inmobles da antiga Cámara da Propiedade Urbana de Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular de dous inmobles de natureza demanial na rúa Uruguai de Vigo, consonte o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, polo que se estableceu o procedemento de liquidación e extinción das cámaras da propiedade urbana de Galicia.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O punto segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, logo de instrución do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación.

Os inmobles están adscritos á Consellería de Economía e Facenda, non estando destinados o fin para o que se afectaron.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día catorce de xuño de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a seguir:

  1. Andar segundo esquerda do edificio da rúa Uruguai, 4, de Vigo, cunha extensión superficial de 148 m2. Inscrita no Rexistro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR