Decreto 186/2003, do 6 de marzo, polo que se fixa o procedemento, os requisitos e as condicións de autorización dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, no seu artigo 29, establece a necesidade de que tódolos centros e establecementos sanitarios conten coa autorización administrativa previa para a súa instalación e funcionamento, así como para as modificacións que respecto da súa estructura e réxime inicial poidan establecerse.

En virtude do establecido no artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do estado en materia de sanidade interior.

O Decreto 77/2001, do 29 de marzo, sobre centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, determina, no seu artigo 4, unha serie de obrigas entre as que figuran, tanto o cumprimento dos requisitos técnicos e condicións mínimas establecidos para o seu correcto funcionamento, como a adaptación da súa estructura, organización e funcionamento ó establecido para cada clase ou tipo de centro, servicio ou establecemento sanitario, se é o caso. Por outra banda, na súa disposición derradeira primeira, faculta a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (hoxe Consellería de Sanidade) para dicta-las normas e adopta-las medidas oportunas para o desenvolvemento e aplicación do establecido nel.

A Orde do 29 de marzo de 2001, pola que se regula actualmente a autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios, determina este procedemento para aqueles que non teñan un específico, establecendo os datos documentais dos expedientes correspondentes que permitan coñece-las súas características, trámites administrativos e competencia para a súa resolución, coa finalidade de mellora-la calidade da atención sanitaria ofertada ós usuarios, respectando o principio de liberdade de empresa.

Con anterioridade, e ata a entrada en vigor do Decreto 77/2001, era o Decreto 99/1984, sobre centros, servicios e establecementos sanitarios, derrogado pola disposición derrogatoria do devandito Decreto 77/2001, a norma reguladora desta materia, desenvolta pola Orde do 7 de novembro de 1984, pola que se regulaba, ata este momento, o procedemento para solicita-la autorización destes centros, servicios e establecementos sanitarios, e pola Orde do 24 de setembro de 1986, na que se fixaban os requisitos e condicións necesarias para a autorización dos centros de asistencia hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e a partir da súa entrada en vigor destes requisitos e condicións foron tidos

en conta para a autorización dos centros hospitalarios de nova construcción.

O Decreto 77/2001, do 29 de marzo, é unha norma xenérica que fixa uns requisitos mínimos que poderán ser particularizados para cada tipo de establecementos por normas posteriores de igual rango, como é o caso do presente decreto, que prevé un procedemento específico para os centros hospitalarios, distinto do establecido na Orde do 29 de marzo de 2001, para os centros, servicios e establecementos sanitarios en xeral.

Recentemente, o Decreto 52/2001, do 22 de febreiro, polo que se regula a acreditación dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, establece os procedementos e criterios que, superando os requisitos técnicos e as condicións mínimas para a súa autorización, deban cumpri-los centros hospitalarios, có obxecto de mellorar, de forma progresiva, a calidade destes e das súas prestacións sanitarias.

Como consecuencia destas recentes modificacións nesta materia, derrogados o Decreto 99/1984 e a Orde do 7 de novembro de 1984, mantivo, nembargantes, a súa vixencia a Orde do 24 de setembro de 1986.

Polo tanto, é preciso proceder á adecuación normativa, actualizando e adaptando o regulado pola Orde do 24 de setembro de 1986, pola que se fixan os requisitos e condicións necesarias para a autorización dos centros de asistencia hospitalaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, e dada a importancia e consecuencias da asistencia sanitaria prestada nos hospitais desta comunidade, é necesario facer unha nova e actual regulación dos seus requisitos técnicos e condicións mínimas para o seu funcionamento, que sexa de aplicación tanto para os centros hospitalarios de nova creación como para os que xa estean en funcionamento, dando a estes últimos un prazo razoable para a súa adaptación, todo iso coa finalidade de garanti-la calidade dos servicios que prestan.

En consecuencia, oídos os colexios oficiais de médicos, así coma os centros hospitalarios públicos e privados da Comunidade Autónoma, por proposta do conselleiro de Sanidade, de acordo co dictame 722/2002, do Consello Consultivo de Galicia, do 17 de xaneiro de 2003, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de marzo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación e obxecto.
  1. A presente disposición é de aplicación ós centros hospitalarios públicos e privados situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. O obxecto deste decreto é regula-lo seu procedemento de autorización e establece-los requisitos e as condicións mínimas para o seu funcionamento.

Artigo 2º Concepto de centro hospitalario.

Enténdese por centro hospitalario, para os efectos deste decreto, aquel centro destinado a proporcionar asistencia sanitaria en áreas médicas e/ou cirúrxicas, en réxime de internamento por un tempo superior a 24 horas, e ambulatorio, coa finalidade de realizar un diagnóstico e tratamento dos pacientes que atenda.

Capítulo II

Requisitos e procedemento

Artigo 3º Requisitos e condicións de funcionamento.

Os centros hospitalarios deberán cumpri-los requisitos e as condicións mínimas sinalados no anexo I deste decreto, en función da asistencia sanitaria que presten.

Artigo 4º Solicitude de autorización previa de creación.

A solicitude para obte-la autorización previa de creación dun centro hospitalario será presentada na correspondente delegación provincial da Consellería de Sanidade, e será subscrita pola persoa física ou xurídica titular ou polo seu representante legal. Así mesmo, a solicitude axustarase ó modelo que figura no anexo II, o que se lle xuntará a seguinte documentación:

  1. Documento acreditativo da personalidade do solicitante (DNI) e , se é o caso, da representación que teña.

  2. Cando o solicitante se constitúa como persoa xurídica, CIF, copia compulsada da dita constitución e certificación da súa inscrición no rexistro mercantil, se é o caso.

  3. Nome comercial do centro hospitalario.

  4. Documento acreditativo da propiedade ou dispoñibilidade do espacio inmoble.

  5. Memoria da natureza do centro hospitalario na que conste, polo menos:

    -Oferta de servicios sanitarios en función da titulación e especialidade recoñecida dos profesionais sanitarios cos que contará.

    -Descrición das unidades de hospitalización.

    -Previsión do cadro de persoal sanitario e non sanitario, especificando as titulacións e especialidades sanitarias recoñecidas oficialmente.

    -Plan de equipamento.

  6. Planos a escala de conxunto e detalle que permitan coñece-la localización, a identificación, o destino e o tamaño das dependencias e das súas diferentes áreas, así como a localización do equipamento máis sobresaínte.

  7. Calqueraoutra que, tanto por parte do interesado como da administración sanitaria, se considere necesaria e resulte axeitada e proporcionada ós fins que xustifican a súa solicitude para aclara-lo expediente de autorización.

  8. Xustificante de ter aboada a taxa correspondente.

Artigo 5º Tramitación e resolución da autorización previa de creación.
  1. Recibida a solicitude xunto coa correspondente documentación, os servicios competentes da delegación provincial da Consellería de Sanidade comprobarán a adecuación do centro hospitalario ó disposto nesta norma e a aqueloutra que sexa de aplicación, así como o cumprimento dos requisitos e condicións de carácter estructural recollidos no anexo I.

  2. Posteriormente, a delegación provincial realizará informe proposta e remitirá a totalidade do expediente á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, para que o secretario xeral resolva ó respecto.

Artigo 6º Solicitude de autorización de funcionamento.

Rematadas as obras, a instalación do material e equipamento, e a dotación de recursos humanos, e antes de inicia-la actividade, o interesado procederá a solicitar, na delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade, a autorización de funcionamento segundo o modelo que se indica no anexo II, xuntando a seguinte documentación:

  1. Identificación do director ou xerente e do médico responsable da área asistencial, e documentos que acrediten a súa conformidade.

  2. Cadro de persoal e, no caso de persoal sanitario, xustificación documental da titulación e especialidade correspondente que habilita para levar a cabo as actividades sanitarias, e a súa vinculación co centro.

  3. Documentación acreditativa das autorizacións e requisitos que precisen as instalacións ou equipamento conforme a súa normativa de aplicación.

  4. Memoria dos aspectos funcionais dos 25 puntos nos que está estructurado o anexo I, agás dos números 7 de críticos, 8 de obstetricia, 9 de diálise hospitalaria, 10 de rehabilitación, e 13 de bloque cirúrxico, cando non conten con esas unidades.

  5. Xustificación da presentación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR