Resolución do 26 de maio de 2010 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2010.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorFONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Rango de LeyResolución

O Regulamento (CE) 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, crea unha organización común de mercados agrícolas e establece disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM). No seu artigo 103 octies bis prevé unha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas transformadas, plátanos e os seus produtos derivados, aos/ás nenos/as.

O Regulamento (CE) 288/2009, da Comisión, do 7 de abril, modificado polo Regulamento (UE) nº 245/2010, da Comisión, do 23 de marzo, establece as disposicións de aplicación do antedito regulamento, no que atinxe á concesión dunha axuda comunitaria para a distribución de froitas e hortalizas, froitas e hortalizas transformadas e produtos do plátano, aos/ás nenos/as nos centros escolares.

É de aplicación para a tramitación e concesión de axudas nesta comunidade autónoma a Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño) de subvencións de Galicia, así como no que resulta de aplicación, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, que regula os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, creados en virtude dos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga- (denominado así en virtude da disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo -DOG nº 251, do 30 de decembro), o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a desenvolve, e o Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, corresponde ao dito organismo, entre outras funcións, a execución da política da consellería en relación coas accións derivadas da aplicación da Política Agraria Común (PAC) e a concesión de axudas para o funcionamento da organización común de mercados agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das facultades previstas no artigo 2 da devandita Lei 7/1994, do 29 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Esta resolución establece na súa sección primeira o procedemento para a concesión na Comunidade Autónoma de Galicia das axudas para a distribución de froitas frescas aos/ás alumnos/as de centros escolares, de conformidade co previsto no artigo 103 octies bis do Regulamento (CE) 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, e no Regulamento (CE) nº 288/2009, da Comisión, do 7 de abril; e na súa sección segunda a convocatoria das ditas axudas para o ano 2010.

Sección primeira

Bases reguladoras

Artigo 2º Destinatarios/as.

Poderán ser destinatarios/as da axuda os/as alumnos/as que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

  1. Educación infantil segundo ciclo.

  2. Educación primaria.

  3. Educación secundaria obrigatoria.

Artigo 3º Custos que se subvencionan e restricións.
  1. As actividades que se subvencionan son os custos de adquisición no mercado da froita fresca.

  2. A axuda concederase para as froitas frescas citadas no anexo I.

    En atención a criterios de dispoñibilidade e ambientais, é preferible que sexan froitas frescas de tempada obtidas na Comunidade Autónoma de Galicia empregando na súa obtención sistemas de produción sustentables (agricultura ecolóxica ou integrada).

    As froitas frescas distribuídas aos/ás escolares serán sempre de excelente calidade e atoparanse no seu grao óptimo de madureza de consumo.

  3. As froitas frescas subministradas terán que cumprir os requisitos do Regulamento (CE) 852/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

  4. As froitas frescas terán que ser consumidas nas dependencias do establecemento escolar no momento do recreo.

Artigo 4º Contía da axuda.

Establécese unha axuda máxima de 0,25 euros por alumno/a e día lectivo.

O período de repartición da froita entre os/as alumnos/as do centro escolar será de cinco días lectivos consecutivos por mes natural, cun mínimo dun mes e un máximo de catro e os meses poden ser consecutivos ou alternos.

Se o importe total previsto nas solicitudes para un curso escolar superase a asignación orzamentaria prevista, terán preferencia os/as solicitantes de subministración para un mes fronte aos/ás de dous, os/as de dous fronte aos/ás de tres e, estes/as sobre os/as de catro, reducindo sucesivamente nun mes os estratos que fosen necesarios, pasando de catro a tres, de tres a dous e de dous a un mes respectivamente, empezando a supresión polo último mes de subministración prevista.

Se aínda así, e para axustar as solicitudes á cantidade orzada, for necesario reducir entre os/as solicitantes dun mesmo número de meses, darase preferencia aos/ás solicitantes con menor número de alumnos/as.

Artigo 5º Solicitantes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR