Decreto 262/2003, do 8 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Fene, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de reurbanización da avenida Marqués de Figueroa, 1ª fase, desde o punto quilométrico 0,000 ó 0,196.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Fene, en sesión celebrada o día vintesete de novembro de dous mil dous, aprobou o proxecto de reurbanización da avenida Marqués de Figueroa, 1ª fase, desde o punto quilométrico 0,000 ó 0,196, e na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O Concello de Fene remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dez de abril de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día oito de abril de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o Concello, esta travesía serve de alternativa de acceso ó concello de Ferrol, ó recoller parte do tráfico de entrada da N-651 e o procedente da autoestrada A-9, provocando unha grande intensidade de circulación, así mesmo presenta un tránsito de peóns constante debido á localización nesta zona de gran cantidade de vivendas e baixos

comerciais, e que debido á carencia de beiravía ou espacio lateral reservado para aparcamento de vehículos e para a circulación de peóns, obriga a estes a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR