Decreto 100/2005, do 21 de abril, polo que se regula a hemodoazón e hemoterapia na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1945/1985, do 9 de outubro, regula a hemodoazón e os bancos de sangue, dado o interese público e sanitario que as súas actividades comportan. Neste sentido, o seu artigo 2 establece que a obtención, preparación e conservación, almacenamento, distribución, tráfico e subministración do sangue humano e os seus compoñentes están suxeitos ao control e dirección das administracións públicas. Por iso, dadas as competencias atribuídas no ámbito sanitario á Comunidade Autónoma polo artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, e considerando que a utilización terapéutica do sangue como ben escaso debe ser tutelada polos poderes públicos, ditouse o Decreto 224/2002, do 20 de xuño, que adaptaba a organización funcional da hemoterapia ás novas necesidades e ao novo marco establecido.

A promulgación da Directiva europea 2002/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de xaneiro de 2003 pola que se establecen normas de calidade e de seguridade para a extracción, verificación, tratamento, almacenamento e distribución de sangue humano e os seus compoñentes, obriga os Estados membros a establecer sistemas de calidade, inspección, control, hemovixilancia e garantía de trazabilidade, definindo a súa aplicación en centros de transfusión e servizos de transfusión, obviando a obsoleta definición de bancos de sangue e depósitos hospitalarios. En consecuencia resulta necesaria a modificación expresa do Decreto 77/2001, do 29 de marzo, de regulación de centros, servizos e establecementos sanitarios que contén esta nomenclatura na clasificación recollida no artigo 2.6º.

A Lei 7/2003, de ordenación sanitaria de Galicia, do 9 de decembro, establece nos seus artigos 89, 90 e 91 as bases para un sistema hemoterápico eficiente recollendo as liñas marcadas pola directiva anteriormente citada. Desta forma substitúense as categorías de bancos e depósitos de sangue, por servizos de transfusión e constátase a necesidade de implantar un sistema de hemovixilancia e de garantía da trazabilidade dos compoñentes sanguíneos que permita satisfacer as necesidades de sangue e hemoderivados en Galicia.

Así mesmo, no Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, establécense as bases xerais sobre autorización dos centros, servizos e establecementos sanitarios sendo de aplicación no ámbito deste decreto que regula a hemodoazón e hemoterapia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xorde así o presente texto, no que se intenta levar a cabo unha nova estruturación adaptada ás necesidades actuais, mantendo a Rede de Hemodoazón e Hemoterapia de Galicia como organización funcional da hemoterapia na Comunidade Autónoma que actuará a dous niveis: Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia, e servizos de transfusión. A través destas unidades levaranse a cabo as distintas funcións que leva consigo a organización da hemoterapia e que se recollen por

menorizadamente no articulado do presente decreto, en concreto as referidas á obtención, preparación, tratamento, conservación, almacenamento, distribución, tráfico e subministración.

En virtude do exposto, por proposta do conselleiro de Sanidade, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia 149/2005, do 13 de abril, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Organización hemoterápica.
  1. A Rede de Hemodoazón e Hemoterapia de Galicia, como sistema funcional de organización hemoterápica que, de acordo co previsto no artigo 89 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, actuará baixo os principios de calidade e seguridade, promoción altruísta da doazón e acción coordinada de todos os medios públicos e privados, apoiarase na seguinte estrutura:

    1. Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.

    2. Servizos de transfusión.

      Serán órganos de carácter consultivo en materia de hemodoazón e hemoterapia:

    3. Comisión de Planificación Transfusional.

    4. Comités de transfusión e hemoderivados.

  2. Os servizos de transfusión sanguínea autorizados quedarán automaticamente integrados na Rede de Hemodoazón e Hemoterapia de Galicia, baixo a dependencia funcional do Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia e vinculados solidariamente ao cumprimento dos seus fins comúns, coordinándose e complementándose no marco xeral da planificación que estableza a consellería.

Artigo 2º Obxecto e natureza do Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.
  1. O Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia ten por obxecto organizar funcionalmente a hemodoazón e a hemoterapia na Comunidade Autónoma de Galicia e para tal efecto desenvolverá a obtención, preparación, tratamento, conservación, almacenamento, distribución e control da aplicación do sangue humano e dos seus derivados, así como a formación e investigación no campo da hemoterapia.

  2. O Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia ten personalidade xurídica e patrimonio propios e configúrase como unha fundación pública sanitaria adscrita á Consellería de Sanidade, actuando baixo a denominación Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

  3. O Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia contará cunha dirección técnica e á súa fronte estará un médico especialista en hematoloxía-hemoterapia, que deberá posuír a experiencia práctica de titulación nas áreas correspondentes cun mínimo de dous anos, nun ou varios centros autorizados para desenvolver actividades relacionadas coa extracción, o estudo do sangue humano e os seus compoñentes, así como o seu tra

    tamento, almacenamento e distribución. Será a persoa responsable de:

    1. Asegurarse de que cada lote de sangue ou de compoñentes sanguíneos sexa extraído, estudado, conservado e distribuído de conformidade co establecido legalmente.

    2. Proporcionar información ás autoridades competentes nos procedementos de autorización, acreditación, inspección e control.

    3. O cumprimento dos requisitos establecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, na Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes e na Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, e os que a normativa vixente estableza sobre persoal, calidade, documentación, rexistro, trazabilidade e notificación de efectos e reaccións adversas graves.

  4. O persoal que interveña directamente na extracción, estudo, tratamento, conservación e distribución de sangue humano e os seus...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR