Decreto 418/2003, do 20 de novembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución o Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un Programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural conforme establece o artigo 9 de citada lei.

O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004, continuando a execución do Plan Galego de Estatística 2002-2006, aprobado pola Lei 10/2001, do 17 de setembro (DOG nº 188, do 27 de setembro), e que continúa así coa planificación iniciada co Plan Galego de Estatística 1998-2001.

En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 9 da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. Este

programa está integrado polo conxunto das seguintes actividades estatísticas:

  1. As que integran as metas de información do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e que son recollidas no anexo I deste decreto.

  2. Aquelas que darán cumprimento ós obxectivos das metas instrumentais do citado plan e que figuran no anexo II deste decreto.

Artigo 2º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras xerais:

  1. A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.

  2. Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.

  3. As actividades estatísticas que non sexan responsabilidade do Instituto Galego de Estatística e cumpran os criterios establecidos no artigo 4º, serán homologadas por este.

  4. Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.

Artigo 3º

As actividades estatísticas incluídas neste programa e que integran as metas de información están sometidas ás seguintes regras específicas:

  1. Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.

  2. Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.

  3. Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.

  4. Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.

  5. Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.

Artigo 4º

As actividades estatísticas incluídas neste programa, que non son responsabilidade do Instituto Galego de Estatística, serán obxecto de homologación por parte deste cando:

  1. Sexan de carácter xeral e especial interese para o sistema estatístico galego.

  2. Sexan explotacións de datos procedentes de rexistros administrativos propios da Administración galega, de enquisas realizadas polo organismo responsable da actividade ou estatísticas de síntese.

    Para a súa homologación, estas actividades deberán cumpri-los seguintes requisitos:

  3. Con anterioridade á realización da actividade, deberá presentarse ó IGE para a súa aprobación, un proxecto técnico básico no que se recollan os principais aspectos metodolóxicos para a súa execución.

  4. Con anterioridade á difusión dos resultados, deberá presentarse ó IGE para a súa aprobación, o contido previo da publicación.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 22 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, os organismos e entidades responsables da execución das actividades estatísticas descritas anteriormente remitiranlle os resultados das ditas actividades ó IGE.

Este emitirá un informe sobre o grao de cumprimento das normas reguladoras aplicables ás actividades estatísticas citadas e, se o dito informe é favorable, aprobará os resultados e daralle conta da aprobación ó Consello Galego de Estatística.

Ademais, as actividades estatísticas que sexan obxecto de difusión están sometidas ás normas técnicas contidas na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de novembro de 1998.

Artigo 6º

O IGE, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias no cumprimento do artigo 5 da Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta norma.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Actividades estatísticas recollidas na Lei 10/2001, do 17 de setembro, do Plan Galego de Estatística 2002-2006 e incluíddas no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2004

  1. Área de estatísticas demográficas.

    1.0.1.

    Nome: censo de poboación e vivenda 2001: explotación de resultados.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo:

    * Coñece-la estructura e características da poboación de Galicia.

    * Coñece-lo número e características das vivendas galegas.

    * Coñece-las características, estructura e tipoloxía dos fogares e familias galegas.

    Grao de dificultade: moi complexo.

    Custo estimado: extraordinario.

    Dispoñibilidade: prazo medio.

    1.0.2.

    Nome: padrón municipal de habitantes: explotación estatística.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: coñece-las características básicas da poboación que se recollen no padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de cada ano.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    1.0.3.

    Nome: movemento natural da poboación.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: dispoñer de información actualizada sobre os nacementos, defuncións e matrimonios de residentes en Galicia así como a súa distribución segundo certas variables de interese.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    1.0.4.

    Nome: movementos migratorios.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: coñece-lo número e as características das migracións que teñen por orixe ou destino algún concello galego.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    1.0.5.

    Nome: proxeccións de poboación.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: estima-la distribución futura da poboación galega, formulando os escenarios máis probables de acordo coa análise da información demográfica dispoñible.

    Grao de dificultade: complexo.

    Custo estimado: baixo.

    Dispoñibilidade: prazo medio.

    1.0.6.

    Nome: proxeccións de fogares.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: establece-las estimacións do número futuro de fogares e/ou familias atendendo a certas clasificacións básicas.

    Grao de dificultade: moi complexo.

    Custo estimado: baixo.

    Dispoñibilidade: prazo longo.

    1.0.7.

    Nome: series demográficas.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: poñer á disposición dos usuarios un conxunto de series que reflictan a evolución no tempo dos distintos fenómenos demográficos clasificados segundo certas características de interese.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: inmediata.

    1.0.8.

    Nome: indicadores demográficos.

    Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.

    Obxectivo: definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

  2. Área de estatísticas sociais.

    Sección 2.1. Estatísticas educativas.

    2.1.1.

    Nome: rexistro de centros.

    Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Obxectivo: coñece-la estructura e os datos identificativos dos centros de ensino de Galicia.

    Grao de dificultade: sinxelo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: inmediata.

    2.1.2.

    Nome: datos estatísticos do ensino non universitario.

    Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.

    Grao de dificultade: complexo.

    Custo estimado: baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    2.1.3.

    Nome: datos estatísticos do sistema universitario.

    Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.

    Grao de dificultade: complexo.

    Custo estimado: moderado.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    2.1.4.

    Nome: gasto público en educación.

    Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Obxectivo: coñece-los datos sobre o gasto público en educación.

    Grao de dificultade: complexo.

    Custo estimado: moi baixo.

    Dispoñibilidade: prazo curto.

    Sección 2.2. Estatísticas sanitarias.

    2.2.1.

    Nome: análise da mortalidade.

    Organismo responsable: Consellería de Sanidade.

    Obxectivo: obte-los datos de mortalidade de Galicia en número de casos e taxas por enfermidades e grupos de enfermidades.

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR