Decreto 378/2003, do 10 de outubro, polo que se crean a Facultade de Ciencias do Mar e a Facultade de Química, por segregación da Facultade de Ciencias, e se autoriza o cambio de denominación da Facultade de Ciencias que pasará a denominarse Facultade de Bioloxía, no Campus de Vigo da Universidade de Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo, (DOG do 10 de agosto de 1990), creouse a Facultade de Ciencias do Campus de Vigo da Universidade de Vigo, por transformación positiva do Colexio Universitario de Vigo e autorizouse a implantación na citada facultade dos estudios conducentes á obtención do título de licenciado en ciencias do mar.

Posteriormente, polo Decreto 192/1993, do 29 de xullo, (DOG do 17 de agosto) autorizouse a implantación na Facultade de Ciencias do Campus de Vigo dos estudios conducentes ós títulos de licenciado en química e de licenciado en bioloxía.

Este deseño ata o de agora era eficaz pero, na actualidade, as titulacións antes mencionadas consolidáronse adquirindo un tamaño demasiado grande para que a súa xestión común manteña a eficacia desexable.

Con este decreto créanse no campus de Vigo da Universidade de Vigo as facultades de Ciencias do Mar e de Química por segregación da Facultade de Ciencias e autorízase o cambio de denominación da citada Facultade de Ciencias por Facultade de Bioloxía, solicitados por esa universidade, ó tempo que se integran nas citadas facultades as respectivas titulacións xa autorizadas, unha vez cumpridos tódolos requisitos previos ó acto formal da autorización por parte da Xunta de Galicia.

Esta creación e cambio de denominación de centros inscríbese no marco de reorganización dos centros existentes no sistema universitario de Galicia

e responde á necesidade de organizar, dun xeito máis efectivo e en exclusiva, a formación dos titulados nunha determinada ciencia de cara a atende-la demanda, mellora-la calidade do ensino e potencia-la actividade investigadora.

Por todo iso, de conformidade coa Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, o Real decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia; por instancia do Consello Social da Universidade de Vigo, logo do informe do Consello de Goberno da citada universidade, oído o Consello Universitario de Galicia, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR