Decreto 507/2005, do 29 de setembro, polo que se amplía o prazo establecido no Decreto 157/2005, do 26 de maio, para exercer a opción de integración do persoal do Servizo de Protección de Recursos no Servizo de Gardacostas de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Lei 2/2004, do 21 de abril, creou o Servizo de Gardacostas de Galicia como un servizo público encomendado á consellería competente en materia de pesca. A integración do persoal do Servizo de Protección de Recursos, extinguido pola propia lei, nas correspondentes escalas creadas dentro do novo servizo regúlase na súa disposición transitoria primeira, que establece que a opción individual á dita integración deberá efectuarse no prazo que regulamentariamente se determine.

En cumprimento da Lei 2/2004, foi aprobado o Decreto 157/2005, do 26 de maio, sobre ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia que, entre outros aspectos, desenvolveu o procedemento de integración e fixou, con carácter xeral, o referido prazo en tres meses desde a súa entrada en vigor.

Tendo en conta o inminente vencemento do dito prazo e considerando que para o exercicio da súa opción o persoal do extinguido Servizo de Protección de Recursos debe coñecer o réxime de prestación de servizos ao que estará suxeito, que será establecido mediante orde da consellería competente en materia de pesca e asuntos marítimos, faise necesario a ampliación do prazo establecido no Decreto 157/2005, do 26 de maio, para a integración do citado persoal no Servizo de Gardacostas de Galicia.

Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, e logo de deliberación do Consello da Xunta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR