Decreto 137/2004, do 17 de xuño, polo que se acordan as cesións en propiedade, a título gratuíto, dos predios 1.797 e 2.037, da zona de concentración parcelaria de Abegondo, Mabegondo, Cabanas, Cerneda, Viós (Abegondo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Rango de LeyDecreto

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

O Concello de Abegondo solicitou a cesión en propiedade duns inmobles situados no seu termo municipal, os predios sobrantes nº 1.797 e 2.037 das zonas de concentración parcelaria de Abegondo, Mabegondo, Cabanas, Cerneda, Viós (Abegondo) que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 31 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia.

Por orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 5 de novembro de 2003 (DOG nº 229, do 25 de novembro) declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, tramitou o expediente de cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade, a título gratuíto, a favor do Concello de Abegondo dos seguintes bens inmobles:

  1. Predio nº 1.797 da zona de concentración parcelaria de Abegondo, Mabegondo, Cabanas, Cerneda, Viós, municipio de Abegondo, que ten unha superficie de 4.000 m, que estrema: norte, Santiago Vieiro Fachal (1.798-1-2); sur, Jesús Barros Botana (1.795) e Francisco Barros Vázquez (1.796); leste, Concello de Abegondo (1.794); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.687, libro 220, folio 110, predio nº 22.594.

  2. Predio nº 2.037 da zona de concentración parcelaria de Abegondo, Mabegondo, Cabanas, Cerneda, Viós, municipio de Abegondo, que ten unha superficie de 1.500 m, que estrema: norte, camiño

que separa de José Meijide Amor (2.038); sur, camiño; leste, zona excluída; e oeste, camiño que separa a José Mª Etchevarría López (2.036). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.687, libro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR