RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Rango de LeyResolución

Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos dedica o seu capítulo IV á regulación do adestramento. Así, no seu artigo 14.1 determínase que o adestramento para garda e defensa deberán efectualo adestradores/as que están en posesión dun certificado de capacitación expedido ou homologado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A Orde do 16 de outubro de 2002 publicada o 24 de outubro de 2002 no Diario Oficial de Galicia determina os títulos que habilitan para a expedición directa do certificado de capacitación para o adestramento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde establece no seu anexo os títulos que se consideran suficientes para a expedición directa do certificado de capacitación para o adestramento para a garda e defensa, en consideración a que presupoñen a superación de probas ou son expedidos por organismos públicos ou institucións de recoñecida solvencia na materia. Neste caso, as persoas interesadas que reúnan os requisitos de titulación recollidos no anexo da Orde do 16 de outubro de 2002 presentarán ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a documentación relacionada no artigo 14.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, a que xuntarán o documento acreditativo da titulación posuída. Tras a comprobación de que a documentación achegada se axusta ao establecido na normativa referida, a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural expedirá o certificado de capacitación para o adestramento para a garda e defensa.

No resto dos casos, e de conformidade co disposto no artigo 14.3 do Decreto 90/2002, do 28 de ferbreiro, as persoas solicitantes deberán someterse a unha proba que será avaliada por unha comisión nomeada para o efecto pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. A proba versará sobre os contidos do programa que figura no anexo VII do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, e terá por obxecto comprobar os coñecementos teóricos e prácticos das persoas solicitantes. A superación destas probas é requisito previo e indispensable para a expedición do certificado de capacitación para o adestramento para garda e defensa. Consonte o resultado das probas, a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural expedirá o certificado de capacitación para o adestramento para garda e defensa, logo da solicitude por parte das persoas aspirantes que superaron as probas.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar as bases reguladoras que rexerán as probas para obter o certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que se incorporan como anexo I desta resolución.

Segundo. Dispoñer a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Ana María Díaz LópezDirectora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Bases da convocatoria

Primeira. Obxecto das probas e modalidades

  1. As probas que deben superarse para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento administrativo: MT420B) rexeranse pola bases contidas neste anexo.

  2. As probas para obter o certificado de capacitación consitirán na realización dun exercicio teórico escrito e dun exame práctico con cans.

    Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

    En consonancia co disposto no artigo 14.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deben reunir no momento da presentación da solicitude, os seguintes requisitos:

    1. Ser maiores de idade.

    2. Non estar incapacitadas física nin psiquicamente.

    3. Ausencia de antecedentes penais por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico.

    4. Ausencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.

    5. Antecedentes e experiencia acreditada durante un mínimo de 5 anos no adestramento de cans.

    Terceira. Solicitudes e prazo de presentación

  3. As solicitudes para a realización das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia axustarase ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código MT420B.

  4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR