Decreto 220/2008, do 25 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario ciclista ao longo da estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda. Clave PO/07/088.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 11 de setembro de 2008, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aprobou o proxecto de construción do itinerario ciclista ao longo da estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda. Clave PO/07/088.06.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

O itinerario ciclista Baiona-A Guarda configúrase como un percorrido ciclista que vertebra os concellos de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda, para uso e desfrute da poboación, nunha zona que se caracteriza por un contorno cun elevado valor paisaxístico e ambiental, redundando ademais na economía da zona, ao incentivar o turismo destes concellos. A actuación formúlase desde un punto de vista totalmente respectuoso co medio natural, no cal se integra utilizando materiais acordes coas zonas polas que discorre.

A construción desta infraestrutura terá ademais unha incidencia positiva nas condicións xerais de uso da estrada, xa que, por unha banda, se separa o tráfico de ciclistas e peonil do tráfico rodado e, por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR