Decreto 51/2005, do 10 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 88 P.O.S. 2004 Alfoz-Foz. Variante da estrada provincial de San Acisclo por Allegue a San Antonio, punto quilométrico 0,000 ao 0,640 (termos municipais de Foz e Alfoz).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo en sesión que tivo lugar o día dezaseis de xullo de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 88 P.O.S. 2004 Alfoz-Foz. Variante da estrada provincial de San Acisclo por Allegue a San Antonio, punto quilométrico 0,000 ao 0,640 e, na sesión do vinte e nove de novembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación consiste na mellora dunha estrada cunha perigosidade moi elevada debido a súa configuración, polo que se acadaría unha maior seguridade e se reduciría o risco de accidentes de tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR