Decreto 52/2010, do 31 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada LU-533 no contorno de TCA. Treito p.k. 1+770 ao 12+200, nos municipios de Chantada e O Saviñao. Clave LU/07/126.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 8 de outubro de 2008 a dirección xeral de obras públicas resolveu aprobar o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na estrada LU-533 no contorno de TCA. Treito: p.k. 1+770 ao 12+200 nos municipios de Chantada e O Saviñao. (Clave LU/07/126.06).

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesaria eliminación dun tramo de concentración de accidentes e a súa incidencia na seguranza viaria, xa que a mellora consistirá esencialmente na construción dun novo cambio de sentido para permitir o retorno en dirección Lugo para os condutores que veñen pola estrada de acceso a Santo Estevo de Ribas de Miño, dado que na intersección deste camiño coa LU-533 non se pode permitir o xiro á esquerda pola escasa visibilidade existente e pola propia configuración da estrada nesa zona, cun carril para vehículos rápidos de subida cara a Escairón e cunha forte pendente de terreo na marxe dereita da estrada.

A obra complétase co reforzo do firme en todo o trazado e coa adecuación do balizamento e a sinalización á normativa vixente.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación teña atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR