Decreto 73/2008, do 13 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da VAC Tui (incluído o enlace da autovía a Portugal)-A Guarda, treito III: Goián-A Guarda. Clave PO/03/009.01.3.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O 28 de novembro de 2007, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de trazado da VAC (vía de alta capacidade) Tui (incluído o enlace da autovía a Portugal)-A Guarda, treito III: Goián-A Guarda. Clave: PO/03/009.01.3.

As obras incluídas no citado proxecto teñen como finalidade a posta en funcionamento dun tramo da vía de alta capacidade que se deseñou para dar resposta aos graves problemas de comunicación da zona do Baixo Miño. Esta experimentou nos últimos anos unha forte expansión económica, o que produciu un importante incremento do tráfico. Actualmente, a carga máis forte de tráfico sopórtaa a estrada PO-552, que discorre por unha zona altamente poboada, con edificacións a ambos os lados da estrada, e na cal a IMD é superior aos 11.000 vehículos.

Para facer fronte a tal incremento de tráfico que, por outra parte, deriva inevitablemente nun aumento da sinistralidade, deseñouse a execución dunha vía de alta capacidade entre Tui e A Guarda, na cal se integra o tramo a que nos referimos. A execución desta infraestrutura vai supor que unha boa parte do tráfico actual discorra por unha vía máis segura ao dispoñer de accesos controlados en lugar de transcorrer por continuas travesías. Ademais, esta vía mellorará a comunicación con Portugal. Neste sentido, o treito III recolle a mellora da conexión coa ponte internacional entre Goián e Vilanova da Cerveira, e remata cun enlace na PO-552, o que vai mellorar a accesibilidade aos concellos do Rosal e da Guarda.

Segundo o teor do previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a aprobación do devandito proxecto implica a declaración de utilidade pública e da necesidade de ocupación dos bens e de adquisición de dereitos correspondentes para os efectos de expropiación.

As razóns antes expostas aconsellan unha actuación urxente coa finalidade fundamental de permitir a posta en funcionamento, no prazo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR