Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a certificación enerxética de edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Preámbulo

A sociedade actual, na súa busca continua do maior benestar, é cada vez máis demandante de enerxía para manter a actividade económica e o nivel de vida da súa poboación. En Galicia, os consumos enerxéticos na área de edificación, tanto no sector servizos como no sector doméstico, aumentaron nos últimos anos a un maior ritmo que noutros territorios de España a consecuencia do aumento da actividade económica, do turismo e da calidade de vida.

Mellorar as prestacións, a habitabilidade e o confort dos edificios e vivendas cun menor consumo de enerxía que faga posible a sustentabilidade do sistema a longo prazo é un reto que ten encomendado a sociedade en xeral e as administracións públicas en particular. Desde estas últimas estase lexislando e regulamentando para conseguir os obxectivos de redución dos indicadores de intensidade enerxética e de emisións de dióxido de carbono. Por iso, estanse desenvolvendo diversas iniciativas para incorporar a idea de aforro e eficiencia enerxética como son a mellora da calidade da edificación e, por tanto, do seu comportamento enerxético, reducindo, por unha parte, a demanda enerxética e mellorando, por outra, o rendemento das instalacións consumidoras de enerxía, alén da incorporación das enerxías renovables co fin de reducir a dependencia externa da subministración de enerxía.

Nesta liña de acción, as consellerías de Vivenda e Solo e Innovación e Industria veñen traballando no desenvolvemento normativo da certificación enerxética de edificios, obxecto deste decreto, que, conxuntamente co recentemente aprobado Decreto 159/2007, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de acreditación das entidades de control de calidade na edificación e se crea o Rexistro Único de Entidades e Laboratorios Acreditados na Comunidade Autónoma de Galicia, constituirán a base estrutural do cumprimento e verificación da eficiencia enerxética das edificacións.

No ámbito das competencias de desenvolvemento lexislativo que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia este decreto desenvolve o Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios de nova construción.

A certificación de eficiencia enerxética é o proceso polo cal se verifica a conformidade da cualificación de eficiencia enerxética. A cualificación de eficiencia enerxética dun edificio permite ao usuario coñecer, de forma sinxela e obxectiva, o comportamento enerxético do edificio. A calidade enerxética do edificio pasa así a ser un parámetro máis a ter en conta na decisión de mercar, potenciándose unha maior demanda de inmobles enerxeticamente eficientes e fomentando os investimentos en aforro de enerxía.

O 13 de setembro de 1993 a Unión Europea aprobou a Directiva 93/76/CEE co obxectivo de que os estados membros limitasen as emisións de dióxido de carbono con base na mellora da eficiencia enerxética. Para iso debían establecer e aplicar programas en varios ámbitos de actuación, entre eles, a certificación enerxética de edificios e o illamento térmico dos edificios novos.

O desenvolvemento normativo estatal e autonómico no ámbito da eficiencia enerxética na edificación desenvólvese seguindo as directrices da Directiva 2002/91/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2002, relativa á eficiencia enerxética dos edificios. Esta establece a obriga de poñer á disposición dos que mercan ou dos usuarios dos edificios un certificado de eficiencia enerxética. Este certificado debe ter información obxectiva sobre as características enerxéticas dos edificios, de xeito que se poida valorar e comparar a súa eficiencia enerxética.

O Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro, en que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética de edificios de nova construción, é unha das medidas de desenvolvemento do Plan de acción de aforro e eficiencia enerxética no sector da construción en España, sendo unha transposición parcial da Directiva 2002/91/CE. Este real decreto ten como obxectivo principal establecer o procedemento básico que debe cumprir a metodoloxía de cálculo da cualificación de eficiencia enerxética, considerando os factores de maior incidencia no consumo de enerxía dos edificios de nova construción ou que se modifiquen, reformen ou rehabiliten nunha extensión determinada.

Na decisión de mercar ou alugar é importante dispoñer de información sobre a calidade enerxética do edificio ou vivenda, tanto da súa envolvente como das súas instalacións. O Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias establece como un dereito básico destes a disposición de información correcta sobre os diferentes produtos ou servizos. O Real decreto 515/1989, do 21 de abril, sobre protección do consumidor en canto a información que se vai subministrar na compravenda e arrendamento de vivendas establece a necesidade de que a oferta, promoción e publicidade dirixida á venda de vivendas se axuste ás verdadeiras características, tentando evitar que se silencien datos fundamentais ou que estes induzan a erro. Así mesmo, queda recollido no artigo 11 do Estatuto galego do consumidor e usuario, aprobado pola Lei 12/1984, do 28 de decembro, que «quen pretenda adquirir, utilizar ou gozar dunha vivenda para o seu uso particular, familiar ou colectivo terá dereito a obter de quen a ofrece no mercado unha información veraz sobre as características construtivas, calidade dos materiais e instalacións de todo tipo, incluíndo as que significan un aforro enerxético,...».

Tendo en conta que a maioría das vivendas novas son adquiridas antes de iniciarse a súa construción, evidénciase a necesidade de pór á disposición do consumidor mecanismos que minimicen os riscos do adquirente dun ben que aínda non existe. A certificación enerxética de edificios ten como un dos seus obxectivos tentar de garantir a veracidade da información que, regulamentariamente, o promotor ou arrendador debe achegar ao comprador ou arrendatario.

O proceso de certificación e o seu control externo non están exentos de certa complexidade, en parte debido á intervención de múltiples axentes da edificación en distintas fases do proceso construtivo. Para evitar discrepancias entre as partes, o artigo 5º deste decreto describe as obrigas e responsabilidades de cada un dos/as axentes que interveñen na certificación enerxética de edificios.

Neste decreto créase o Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios, en que serán inscritos polo promotor os certificados de eficiencia enerxética, tanto do proxecto como do edificio rematado. O rexistro será público, ofrecendo información sobre as características enerxéticas dos edificios cuxos certificados se encontran rexistrados.

A Administración debe ser exemplarizante en materia de eficiencia enerxética, as súas actuacións teñen que servir como guía e referencia á cidadanía. Por iso, a Administración terá un maior nivel de exixencia en eficiencia enerxética cos edificios que ela mesma use ou promova.

No marco deste decreto, o control externo da certificación enerxética de edificios foi encomendado ás entidades de control de calidade na edificación acreditadas na área de eficiencia enerxética (en diante ECCE-EE). As entidades de control de calidade na edificación (en diante ECCE) son as encargadas de verificar a calidade do proxecto, dos materiais e da execución da obra e das súas instalacións, de acordo coa documentación técnica do proxecto e a normativa aplicable. A verificación dos certificados de eficiencia enerxética require un alto grao de especialización, polo que tivo que ser definida unha área de acreditación específica de eficiencia enerxética para realizar estas funcións a través da Orde do 21 de novembro de 2007, da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se aproban as áreas de acreditación e se establecen as condicións técnicas que as entidades de control de calidade deberán cumprir na asistencia técnica das obras de edificación do uso administrativo, sanitario, relixioso, residencial, docente, cultural e social.

Este decreto foi desenvolvido de xeito conxunto pola Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Vivenda e Solo no ámbito das competencias que teñen atribuídas en virtude do disposto no artigo 30 (competencia exclusiva en materia de industria, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131, 149.1.11 e 13 da Constitución española) e no artigo 27.3º (competencia exclusiva en materia de vivenda) do Estatuto de autonomía de Galicia.

Este decreto foi sometido ao procedemento de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR