Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyDecreto

O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas das festas de ámbito estatal, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias.

Facendo uso destas facultades, na nosa comunidade autónoma, e ao coincidir en domingo o 6 de xaneiro, Día de Reis, e o 12 de outubro, Día da Hispanidade, considérase oportuno substituír o descanso laboral correspondente ás devanditas festividades incorporando á relación de festas da nosa comunidade autónoma, para o ano 2008, o 19 de marzo, San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que pola súa significación xa foron implantadas como festas laborais noutras ocasións, seguindo, deste xeito, o criterio de festas laborais para conmemorar todo o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.

En virtude do establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, oído O Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta do conselleiro de Traballo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, levada a cabo na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO

Artigo 1º

Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non se producir modificación no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.

-19 de marzo: San Xosé.

-20 de marzo: Xoves Santo.

-21 de marzo: Venres Santo.

-1 de maio: Festa do Traballo.

-17 de maio: Día das Letras Galegas.

-25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia.

-15 de agosto: Asunción.

-1 de novembro: Todos os Santos.

-6 de decembro: Día...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR