Decreto 232/2006, do 23 de novembro, polo que se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os órganos da Consellería de Innovación e Industria e se determinan normas de tramitación dos procedementos sancionadores nas materias da súa competencia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

O artigo 127.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que o exercicio da potestade sancionadora correspóndelles aos órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída por disposición de rango legal ou regulamentario.

Por outra banda, o artigo 10.1º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determina que, para os efectos del, son órganos administrativos competentes para a iniciación, instrución e resolución dos procedementos sancionadores as unidades administrativas ás cales cada administración lles atribúa estas competencias. E o punto 2 do dito precepto dispón que os referidos órganos son os expresamente previstos nas normas sancionadoras e, no seu defecto, os que resulten das normas sobre atribución e exercicio de competencias establecidas no capítulo primeiro do título II da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ante a ausencia dunha disposición de carácter xeral que establecese os órganos competentes para a iniciación, instrución e resolución dos procedementos sancionadores no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, as sucesivas consellerías de Industria e Comercio, de Innovación,

Industria e Comercio e de Innovación e Industria regularon tal extremo nos decretos polos que se estableceron as estruturas orgánicas delas, sen prexuízo do disposto ao respecto na normativa sectorial de aplicación en materia de comercio, consumo, turismo e seguridade industrial.

No que atinxe ao procedemento, a potestade sancionadora nas materias de investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, telecomunicacións e sociedade da información e do coñecemento, comercio interior, consumo e turismo exércese actualmente de conformidade co establecido no título IX da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora. E isto sen prexuízo das especialidades procedimentais recollidas na normativa sectorial de aplicación en materia de seguridade industrial, consumo e turismo.

Non obstante, os órganos xurisdicionais da nosa comunidade autónoma manteñen criterios contraditorios en canto ao procedemento sancionador que resulta de aplicación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR